A Festa do Polbo de Palmeira repartirá esta “finde” preto dunha tonelada de produto

21 Agosto 2025

Os detalles da undécima edición da Festa do Polbo de Palmeira foron achegados este 20 de agosto polo concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, xunto á concelleira delegada de Servizos Municipais, Tania Redondo. Rematando o mes de agosto, na fin de semana do 23 e 24; é en Palmeira onde se celebra unha cita gastronómica das máis esperadas do verán na comarca, a Festa do Polbo de Palmeira”. Este ano celebrase a súa XI edición, un evento máis que consolidado ao que acoden miles de persoas ao longo dos dous días de celebración, sinalaron.

O concelleiro de turismo informou que o sábado 23 e o domingo 24 de agosto haberá instalada unha gran carpa na zona portuaria de Palmeira e alí poderase desgustar a prezos populares arredor dunha tonelada deste cefalópodo xunto con outras viandas como mexillóns, empanadas, churrasco, entre outros.

Non faltarán o sábado 23 a charanga Os Atrevidos e o domingo 24 o grupo de música tradicional Arume coas súas gaitas e ataviados co traxe típico galego ademais de sesións vermú e concertos polas tarde-noite executados por grupos locais.

Suárez-Puerta resaltou que nesta edición “imos levar as actuacións máis cara a hora da cea”. A programación sábado 23 contará coa Charanga Os Atrevidos para comezar a amenizar a festa, posteriormente sobre as 12:30 horas comezará o pregón que como vén sendo habitual este ano dende a Concellería, “vai ser unha sorpresa ata o venres pola tarde, o intre no que será anunciado nas redes sociais do Concello”.

Despois do pregón comezará á sesión vermú co grupo Open Drink e xa pola tarde-noite será a quenda dun concerto con Chiña que dará comezo ás 20:30 horas a rematará ás 22:30 h. O domingo 24 comezará co actuación do grupo tradicional Arume para despois chegar á sesión vermú co grupo Drippers de 13:00 a 14:30 horas, despois no concerto da noite actuará o grupo SoundSets de 20:30 a 22:30 h”.

O tenente de alcalde animou aos veciños e veciñas e a todos os visitantes a que se acheguen a Palmeira para degustar o cefalópodo; “e en particular aos visitantes que non coñezan Palmeira porque é un a vila digna de visitar, de percorrer as súas rúas e locais hostaleiros”. Pola súa banda a concelleira de Servizos Municipais, sinalou que os servizos de limpeza reforzaranse durante festa para garantir a limpeza e salubridade da mesma.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.