A Feiriña de Outes achega esta “finde” un completo programa de obradoiros, actividades para a rapazada e concertos

15 Agosto 2025

A nova edición da Feiriña de Outes, a VI Feira de Comercio Local de Outes, arrinca este sábado 16 de agosto e estará activa até o día seguinte, domingo 17 de agosto, na rúa da Capela. Será novamente unha cita co comercio de proximidade e cos produtos da nosa terra. Haberá produtos (principalmente) de gastronomía, produtos locais e artesanía, aínda que tamén cultura (libros), téxtil, maquinaria agrícola, coidados e saúde ou hostalería. Segundo puidemos saber, o programa vén con mancheas de actividades e arrinca este sábado ás 11.30 cunha sesión se ioga en familia (na praza do Bosque, impartida por Alma Henko).

Logo haberá un obradoiro de macerado de herbas (ás 12h na carpa diante da capela, a cargo de O Voo da Árbore), un obradoiro infantil de creación e construción (a carpa da praza do Bosque, da man de Doce Coliño), unha sesión vermú con Dos en Punto (na carpa a partir das 14h), un obradoiro sobre elaboración de xabóns (no Centro Social ás 17.00 horas, a cargo de Sapo Verde), un taller sobre como elaborar incensos artesanais (ás 18h no Centro Social, impartido por Luah Botánica Natural), un espectáculo para a rapazada (ás 19h da man de Patty Diphusa, na praza do Bosque) e un obradoiro sobre a muller a Lúa (no Centro Social ás 19h, impartido por Sara Willisch). Polo serán, a partir das 20h, haberá concertos con D’Palique e As Lens.

O domingo arrincará con obradoiros infantís: de xabóns (ás 11h no Centro Social), de estampado floral (ás 11.30 na carpa) e de pintura e debuxo (ás 12.00 na praza do Bosque). Logo celebrarase outro espectáculo para a rapazada: 10 anos percorrendo camiños de Os Monifates, ás 12.30 na carpa. Ás 13.00 horas haberá unha ruada con Jaitas Blues e 13.30 un obradoiro sobre plantas comestíbeis, na carpa. A axenda rematará cunha sesión vermú a cargo de La Disquetera.

A Feiriña vén da man do Concello de Outes e encádrase no seu obxectivo de dinamizar a economía local poñendo o foco no comercio de proximidade e coa intención de fomentar o produto local.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...