A Confraría de Ribeira recibe da Consellería do Mar máis de 82.000 euros para novos equipamentos e infraestruturas

21 Agosto 2025

A Confraría de Pescadores de Ribeira recibe este ano máis de 82.000 euros ao abeiro das axudas para a mellora dos equipamentos portuarios da Consellería do Mar, co-financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura (FEMPA). A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou este 21 de agosto a Lonxa de Santa Uxía, onde destacou que “estes apoios permitirán mellorar a seguridade e condicións de traballo dos profesionais do mar coa dotación dunha caseta desmontábel para vestiario das persoas mariscadoras”. Ademais, farán posíbel a construción dun novo almacén no porto así como o peche da zona do varadoiro.

A directora xeral recordou que “estas achegas dan continuidade aos investimentos realizados nos últimos anos por valor de case 460.000 euros para a adquisición de dúas carretillas elevadoras, un carro de varada automotor semisumerxíbel e unha unidade de pesaxe automática para cefalópodos con plataforma de elevación motorizada”. Trátase, engadiu, “dunhas actuacións que permitiron afondar na competitividade da actividade pesqueira, estratéxico para a comunidade, que por cada emprego en mar xera entre 7 e 10 en terra”.

Ángeles V. Suárez aproveitou a súa presenza en Ribeira para visitar o curso de Formación Básica organizado pola Confraría e financiado pola Consellería do Mar no que están participando 13 persoas. Alí destacou que “este ano está prevista a realización de 97 accións formativas por parte de entidades sectoriais ao abeiro da orde de axudas bianual da Xunta dotada con 1,5 millóns de euros”. Destas, apuntou, “19 tiveron lugar na localidade con cursos como a actualización do Avanzado en Loita Contra Incendios, Formación Sanitaria Específica Inicial, de Mariñeiro de Ponte, de Maquinas ou Pescador, beneficiando ao redor de 290 profesionais”.

Na visita, a directora xeral tamén abordou cos representantes do sector as principais necesidades específicas da actividade pesqueira nesta zona do litoral galego. Segundo apuntou Suárez, o encontro deu continuidade á súa intensa axenda de contactos coas confrarías da comunidade no marco do modelo de cogobernanza que preside a xestión marítimo-pesqueira na comunidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.