A Casa RIA organiza dúas visitas guiadas este martes 5 de agosto en dúas quendas

04 Agosto 2025


A Fundación RIA organiza unha visita guiada gratuíta á súa sede en Santiago de Compostela, na rúa Virxe da Cerca, este martes 5 de agosto en dúas quendas: ás 10.30 e ás 12:00 h, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer “un espazo singular, compartido con David Chipperfield Architects e situado no corazón do casco histórico da cidade”, explicaron dende a fundación, engadindo que a convocatoria publicada a semana pasada e para a que foi necesaria inscribirse previamente, esgotou as súas prazas en poucas horas. Durante a visita, as persoas asistentes poderán descubrir a arquitectura e o funcionamento da Casa RIA, así como o traballo que desenvolve a fundación en favor dun territorio máis sostíbel, equilibrado e ben planificado. A actividade será conducida en galego e castelán.

O inmóbel é a sede da Fundación RIA, impulsada polo arquitecto inglés afincando en Corrubedo, David Chipperfield, dende a que se reivindican as ancestrais relacións produtivas, culturais, construtivas e medio ambientais da sociedade do Barbanza co seu territorio.

A Casa RIA é un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago, na rúa Virxe da Cerca (sita no antigo Sanatorio da Virxe da Cerca), en pleno centro histórico compostelán, no que se desenvolve un amplo programa público de actividades dirixidas a fomentar o desenvolvemento sustentábel e un urbanismo ao servizo das persoas e a harmonía co medio natural.

Casa RIA acolle un programa público de eventos, charlas, conferencias e exposicións relacionadas co  traballo da Fundación RIA, incluíndo a planificación urbana, a xestión territorial sustentable e a cultura do deseño arquitectónico.

O edificio do antigo sanatorio, que foi reformado y transformado por David Chipperfield Architects Santiago, ofrece instalacións formativas e de aloxamento para apoiar residencias de investigación de ata 20 investigadores ou estudantes en colaboración con institucións académicas.

Unha cantina dá soporte ao programa público de Casa RIA, destacando tamén o papel central que desempeña a alimentación no desenvolvemento sustentábel. Situada no andar baixo, está dirixida polo chef Iago Pazos e céntrase en produtos locais e de temporada. O edificio alberga á súa vez as oficinas de David Chipperfield Architects Santiago, cuxa actividade e recursos apoian o labor da Fundación RIA.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.