A Aula CeMIT de Ribeira, elixida entre 10 aulas de Galicia para impartir o obradoiro creativo Tech Kids

19 Agosto 2025

Este martes 19 de agosto tivo lugar en Ribeira a presentación do obradoiro Tech Kids que se vai celebrar na Aula CeMIT de Santa Uxía. Os detalles da actividade foron achegados polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta xunto ao concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones.

Lembraron que a Aula CeMIT de Ribeira foi novamente elixida entre outras 10 aulas de Galicia para impartir unha nova edición do programa Tech Kids do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a axencia AMTEGA, dirixido á rapazada de entre 12 e 18 anos aproximadamente, co fin de poñer en práctica o seu talento dixital, a súa capacidade resolutiva e a súa creatividade.

Segundo o concelleiro de Novas Tecnoloxías, “a idea é que pouco a pouco a rapazada poida ir facendo unha formación dun nivel un pouquiño máis elevado, nun nivel intermedio en tecnoloxía maker onde imos traballar en deseño e fabricación en 3D, robótica educativa, programación de videoxogos e programación con drons”. Suárez-Puerta informou que o programa Tech Kids Argallando entre xeracións, inclúe un obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo que terá lugar os días 27, 28 e 29 de agosto (mércores, xoves e venres), para rapazada a partir de 12 anos (aproximadamente), en horario de 10:00 a 12:30 horas.

O edil engadiu que estas sesión serán de balde e “terán un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos diferentes equipamentos tecnolóxicos disruptivos que temos na Aula CeMIT”.

As sesións orientaranse tanto á xeración de ideas e invencións dos rapaces como ao uso de tecnoloxías disruptivas como por exemplo deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica e programación de drons.

Tralas sesións formativas, as e os participantes poderán participar (sempre de forma voluntaria) nun reto científico-tecnolóxico, que mestura a tecnoloxía e innovación coa cultura e a tradición, coa finalidade de impulsar a súa creatividade coñecendo o uso e aproveitamento do equipamento e materiais dos que dispón a Aula CeMIT. O reto artellarase a través da web de Argallando.

Para rematar o concelleiro de Sanidade salientou que ofrecer alternativas de ocio e formación para os mozos e mozas, “é a liña de traballo deste Goberno para evitar as condutas aditivas que tantos problemas nos están xerando neste nicho de poboación”.

Prazas: 23/24.

Teléfono: 981 87 60 43.

Correo: cemit.ribeira@xunta.gal.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.