VEGALSA-Eroski participa nunha xornada de conservación ambiental coa comunidade de Amicos

24 Xullo 2025

Un ano máis, o grupo alimentario VEGALSA-Eroski e asociación da nosa comarca Amicos uníronse para organizar unha xornada medioambiental en zonas do Parque Nacionaldas Illas Atlánticas. Así, este mércores 23 de xullo, un grupo de 35 persoas de ambas entidades participaron nunha recollida de residuos mariños e xogos de sensibilización nas costas da illa de Sálvora. Na acción participaron tanto usuarios como técnicos da asociación boirense, ademais do director xeral, Xoán España, e o responsábel de Alianzas con Persoas e Empresas, Miguel Beiro; así como a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa de VEGALSA-Eroski, Gabriela González, e o xerente de Calidade e Medio Ambiente, Ricardo Castro.

O evento comezou no Centro de Atención Integral de Amicos, co grupo coñecendo da man dos axentes medioambientais o Laboratorio de Algas, onde descubriron como se cultivan as laminarias, bosques submarinos coñecidos como bosques de kelp, que logo son devolvidos ao mar para recuperar ecosistemas fundamentais.

A continuación, o grupo trasladouse ao porto de Ribeira, dende onde embarcaron para participar na restauración activa de fondos mariños. Esta consistiu na solta de gorgonias rehabilitadas no Hospital de Corais que Amicos instalou na Lonxa de Ribeira, así como das laminarias recollidas do laboratorio de Comoxo.

De seguido, chegou o momento de desembarcar na illa de Sálvora, onde se levaron a cabo distintas dinámicas de sensibilización medioambiental para coñecer a illa e o ecosistema autóctono. Tamén se realizou unha recollida de residuos mariños na praia. Nesta batida, na que participaron un total de 35 voluntarios e voluntarias, recolléronse máis de 500 quilos de madeira tratada, chegada ás costas de Sálvora a través das correntes mariñas.

Unha alianza consolidada
Dende a súa formalización, a colaboración entre VEGALSA-Eroski e Amicos permitiu distintas accións medioambientais nas praias galegas no marco do programa Re-Mar. Esta trátase dunha iniciativa de valor compartido, na que participan distintos axentes sociais, con dous eixes de traballo: por unha banda, a recollida, clasificación e valorización dos residuos e, por outra, a formación en educación ambiental e a sensibilización nos colexios. Neste senso, o pasado mes de xuño, as doazóns da clientela da distribuidora alimentaria permitiron recadar máis de 25.000 euros, no marco do programa Céntimos Solidarios de VEGALSA-Eroski. Unha cifra que Amicos destinará a impulsar o proxecto Re-Mar.

Asemade, a colaboración esténdese tamén ao ámbito da inclusión sociolaboral, posto que a cadea de supermercados, dende fai varios anos, dálles a oportunidade a vari@s participantes do Programa Integrado de Emprego de Amicos de realizar as prácticas non laborais nos seus centros do Barbanza.

Para a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa de VEGALSA-Eroski, Gabriela González, “en Amicos atopamos o compañeiro de viaxe perfecto co cal poder contribuír a proxectos medioambientais que conten ademais cunha implicación real da comunidade local a través da inclusión social. Queremos agradecer a toda a entidade a confianza amosada sempre na nosa compañía para formar parte da súa rede e convidarnos a coñecer os proxectos persoalmente, como a visita de hoxe ”.

Pola súa banda, Xoán España quixo mostrar “o noso agradecemento á empresa alimentaria e á súa colaboración desinteresada, polo seu compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e co planeta. Este é o modelo de empresa que o mundo necesita, sobre todo para cambiar e transformar de forma positiva a realidade, posto que é unha empresa comprometida con entidades sociais de todo tipo, cos provedores locais, coa inserción laboral… unha empresa cuxo traballo diario e valores a converten en exemplo”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...