“Vacacións” – Xulio Xiz

11 Xullo 2025

Hai uns días caeron sobre as nosas cabezas puñadas de xeo que estouraban no chan como balazos. Eran as dúas da madrugada, e o fenómeno aconteceu polas terras de Begonte sen que chegase a Lugo. A descarga poñía remate a temperaturas que facían suar os reloxios dos automóbiles con máis de corenta grados, agudizadas nos que repousaban baixo un sol que se supón de xustiza.

Para que os rigores non nos toquen a todos, mentres Lugo desfrutaba de temperaturas tropicais, nas costas lucense e coruñesa saudaron alborozados o venres ao sol esquivo que prestaba atención excesiva ao centro da provincia. Agora, sen volver aos rigores experimentados, seica todos imos ter sol compartido.

Sen negar ningunha evidencia de acción humana sobre o clima, estes rigores e alteracións existiron sempre, e hai medio século todos tiñamos a evidencia de que o tempo estaba algo tolo, sen axustarse a ningunha regra racional, porque a natureza réxese por razóns incógnitas e forzas incontibles.

Pisamos firmes un xullo vacacional que abre portas a praias e montañas, espazos abertos e tempos de contemplación, que aínda que o calendario non os marcase seguro están impresos nun ADN que se vai conformando segundo avanzan tempos e progresos. Só nos queda deixarnos querer polas bondades climáticas cando nos acariñan, e admirarnos e agradecer os avances no estudo e prevención do tempo, que os especialistas poden ter algún erro pero polo xeral, “crávano”·

A todos – sigamos o ritmo habitual ou mergullémonos nas voráxines estivais – tranquilas vacacións. E cando volvamos á normalidade de cada día, que o mundo que nos reciba non teña variado moito, alomenos para peor.

Outros artigos

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

+

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

+

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.