Un motorista perdeu a vida logo dunha colisión contra un coche en Rianxo

04 Xullo 2025

O accidente ocorreu arredor das 22:30 horas. Segundo o particular que alertou ao 112 Galicia, un coche e unha moto colidiran na DP-72020, no quilómetro 2,5 a altura de Asados O motorista quedaba tendido no chan logo do impacto. Non houbo ninguén no turismo que precisara de ser trasladado.

Os xestores do 112 Galicia informaron rapidamente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo.

Os servizos de intervención só puideron confirmar o falecemento do motorista logo de sufrir o accidente.  Por outra banda, a dotación de bombeiros ía permanecer no punto para facer labores de limpeza na vía.

Bombeiros Boiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...