Severino Escurís Batalla recibe este venres na Pobra unha homenaxe ao mérito empresarial

01 Xullo 2025

O presidente honorífico de ACTEMSA, don Severino Escurís Batalla, recibirá este venres 5 de xullo un recoñecemento ao mérito empresarial e cidadán nun acto impulsado polo Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Empresarios AEPuebla, en colaboración coa Deputación da Coruña. A homenaxe terá lugar no Teatro-Cinema Elma a partir das 20.00 horas, e contará con alta representación institucional, nun acto aberto á cidadanía co obxectivo de distinguir e agradecer a vocación de don Severino coa creación da riqueza e o emprego no Barbanza e, por extensión, en toda Galicia, coincidindo co mes do seu centenario.

No acto está prevista a presencial do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, representantes de toda a Corporación municipal, o presidente de AEPuebla José Antonio Vidal Fabri, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Cándido Rial, a subdelegada do Goberno na Coruña María Rivas, o presidente da CEG Juan M. Vieites, o vicepresidente da CEC José Villarnovo ou a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, ademais de familiares, empresarios e traballadores/as de ACTEMSA.

Traxectoria dun empresario centenario

Don Severino Escurís naceu o 18 de xullo de 1925 en Rianxo e trasládase á Pobra do Caramiñal aos catorce anos; incorporándose á conserveira Escurís recentemente fundada polo seu pai aos dezasete anos. Foi nomeado como presidente do consello de administración en 1979 e ao xubilarse crea ACTEMSA cos seus fillos en 1994 aos 69 anos, inaugurando o polígono da Tomada en Pobra do Caramiñal.

Recibiu os recoñecementos do Goberno de España, coa Medalla ao Mérito do Traballo en 2014, da Cámara de Comercio e dos seus compañeiros empresarios, de cuxas organizacións sempre foi partícipe, como de ANFACO, coa distinción á súa traxectoria empresarial concedida este mesmo ano. Ademais, a conserveira Escurís foi recoñecida coa Medalla da Xunta de Galicia en 1991. Foi tamén distinguido hai unhas semanas pola Deputación da Coruña nos Premios PEL.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.