Onde irá o prestixio, a remuneración e o talante daquelas azafatas de anos pasados?
Daquelas das que presumían con orgullo as máis prestixiosas compañías aéreas, a veciñanza
do lugar onde naceran ou onde se criaran, os pilotos que, ataviados cos seus traxes de
estrelas e galóns nas mangas da chaqueta, guiaban polo aire, por arriba ou polo medio das
nubes, e os pasaxeiros que ían e volvían á hora exacta.
O paso e o cambio do tempo, ás veces, é como o cambio climático, que sempre vai a peor:
máis calor que nunca, máis temporais, máis mortos por asfixia, por frío ou por nada. Máis
xente morrendo nos mares e millóns de famentos sobre a terra, sen comida, sen auga e sen
vida.
Felisinda ten cen anos e, cando era nena, emigrou a Venezuela. Malamente lía os titulares
do xornal, pero entendíao todo e fiaba do que viña escrito. Agora, nesta era de abundancia,
lectura e fartura, ninguén se fía de nada e hai que loitar seguido para conservar a vida e
para que poidan vivila os milleiros de mozas e mozos que se achegan, como poden e con
desatino, á terra anunciada e promocionada polas “mafias organizadas”, coa usura dos
avarentos.
Diante do maltrato continuado, da desigualdade e da inxustiza, que di Felisinda? Pois, -á
maioría dos que veñen en barco (como fomos nós) buscan pan e traballo, como buscabamos
os galegos en calquera parte do mundo. ”Dábannos traballo malo e mal salario” -engade
Felisinda- Aquí e agora, danlles escola, sanidade e unha paga, como merecen todos os
vivos”.
Milleiros de emigrantes amoréanse xunto do mar en Canarias. Chegaron sen documentos,
sen nome e sen idade. E, ao parecer, outros milleiros entran polos aeroportos internacionais
e ao chegar, mesmo ao despedirse da azafata, perden a documentación, non se acordan da
súa idade e intégranse no grupo de menores indocumentados. Nese grupo permanecen á
espera da proba ósea, ata que a ciencia determine se son ou non menores.
O número de mortes na travesía agranda o problema da inmigración. Se queren frealo,
poderían seguir o consello da Tía Manuel e de Felisinda, “hai que respectar os dereitos
humanos, exterminar as actitudes mafiosas dos tratantes e permitir o tránsito legal das
persoas e o normal asentamento onde poidan traballar, contribuír e ganar para vivir, sen
subsidio e sen pobreza”.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



