Continuaremos este sábado baixo a influencia dun anticiclón polo que os ceos estarán despexados, especialmente nas primeiras horas do día, aínda que se agarda alternancia de nubes e claros no terzo norte, así como néboas matinais no interior da provincia de Lugo.
As temperaturas descenderán lixeiramente, mantendo valores agradables pero algo máis frescos respecto a xornadas anteriores. En canto ao vento, soprará moderado do norte, con intensidade forte no mar aberto, especialmente entre Costa da Morte e as Rías Baixas.
A xornada presentarase, pois, como unha mestura de estabilidade atmosférica e episodios de inestabilidade local, polo que se recomenda precaución nas zonas do interior afectadas por posibles treboadas.
O domingo teremos alternancia de nubes e claros canto máis o norte e ceo despexado na comarca e sur de Galicia. As temperaturas descenderán lixeiramente.

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.



