Ribeira iniciou este mércores as súas festas de verán 2025

29 Xullo 2025

O pregón inaugural a cargo de Tonhito de Poi,  tivo lugar este mércores 30 ás 21:30 horas desde o balcón do novo edificio do Concello, que por primeira vez foi utilizado para un acto público, a pesar de que aínda non está en pleno funcionamento.

Será Tras o pregón, celebrarase a Noite das Orquestras, con actuacións simultáneas de tres agrupacións de primeiro nivel: O Combo Dominicano na Praza de Pontevedra en Bandaorrío, a Orquestra Finisterre na Praza de España, e a Orquestra Capitol no Malecón.

O xoves 31 será o día da 1ª Travesía a Nado Cidade de Ribeira, unha das grandes novidades desta edición, cun percorrido arredor da Insua e saída desde o paredón, con categorías desde benxamín ata xuvenil. Pola noite, ás 23:00 horas, actuarán Lichis & Due Country Cavalieri (protagonizado polo ex-compoñente de La Cabra Mecánica) na Porta do Sol, seguidos pola Orquestra Kubo na Praza de España.

O venres 1 de agosto haberá actuación da Coral Polifónica Municipal ás 13:00 horas na Porta do Sol. Xa pola noite, ás 23:00 h, será a quenda dos concertos de Huecco e Galician Army na explanada da Lonxa Vella, mentres que en paralelo tocará a Orquestra New York en Bandaorrío.

O sábado 2 comezará cunha actividade infantil a cargo de Agape na Praza do Concello e unha mostra de pintura ao vivo na rúa Galicia organizada por O Faiado. Ás 11:30 h celebrarase o mercadillo solidario A Creba, e ás 13:00 h actuarán os alumnos de PoPs School na Porta do Sol.

Pola tarde terá lugar a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme e a tradicional Procesión Marítima, coa colaboración da Asociación Alfaia e as Amas de Casa. Á noite, a música volverá ser protagonista: Son de Camawey traerá a esencia da música cubana a Bandaorrío, seguido do tributo a Andrés Calamaro coa banda Alta Honestidad, mentres que na Praza de España actuará a Orquestra Marbella.

O broche de ouro chegará o domingo 3 de agosto coa tradicional Gran Sardiñada no Parque de Avesadas desde as 13:30 h, animada polo grupo local Drippers. Pola tarde, desde as 18:00 ata as 21:00 h, celebrarase a sesión DJ “Remember Callejón” con música dos anos 80 e 90 preto do Museo Municipal. Finalmente, ás 22:00 h tocará a Orquestra Platinum no Malecón, que dará paso ao esperado Combate Naval e a espectacular queima de fogos artificiais á medianoite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.