Ribeira habilita novas prazas de estacionamento gratuítas para facer fronte á alta afluencia de visitantes e eventos

19 Xullo 2025

O Concello de Ribeira vén de poñer en servizo novas prazas de estacionamento gratuítas nunha parcela situada na avenida de Ferrol, á entrada da cidade. A iniciativa forma parte das medidas impulsadas polo goberno local para mellorar a mobilidade e ofrecer solucións ao aumento de vehículos, especialmente nestes meses de verán marcados pola afluencia de visitantes e a celebración de eventos culturais e festivos.

Paralelamente, o Concello tamén habilitou zonas azuis gratuítas nas rúas Rosalía de Castro e Romero Ortiz, co obxectivo de favorecer o estacionamento de curta duración, facilitando compras rápidas e as tarefas de carga e descarga. Con isto, preténdese dinamizar a actividade comercial no centro urbano e mellorar a accesibilidade.

O alcalde, Luís Pérez Barral, sinalou que “seguimos traballando para que Ribeira sexa unha cidade máis accesible tanto para a veciñanza como para quen nos visita. Queremos facilitar que a xente poida estacionar sen custo e, ao mesmo tempo, dinamizar o comercio e a hostalaría locais”.

Na actualidade, Ribeira conta con seis aparcadoiros gratuítos situados en puntos estratéxicos do centro urbano: avenida de Ferrol, avenida da Coruña, Agustín Fernández Oujo, As Avesadas, Fafián e o recentemente municipalizado aparcadoiro do Centenario. Este último permanece aberto as 24 horas dos 365 días do ano, cunha tarifa reducida de 1,5 euros por dúas horas, que pode ser aínda menor no caso de realizar compras no comercio local, converténdose así nun dos aparcadoiros máis económicos de Galicia.

O alcalde supervisou persoalmente os traballos de adecuación da nova parcela, acompañado polo segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, reafirmando o compromiso do goberno local con incrementar as facilidades de estacionamento e mellorar a mobilidade no municipio.

Zonas de estacionamento en Ribeira

Aparcadoiros gratuítos:

Avenida de Ferrol
Localización: https://maps.app.goo.gl/m4DQXtjniekq3sxc7?g_st=ipc

Avenida da Coruña
Localización: https://maps.app.goo.gl/PssH4AsnBFZqeEYp8?g_st=ipc

Agustín Fernández Oujo
Localización: https://maps.app.goo.gl/jSSgABMJ7MdWbq1j9?g_st=ipc

As Avesadas
Localización: https://maps.app.goo.gl/mwDLhHqP8myZm2KA6?g_st=ipc

Fafián
Localización: https://maps.app.goo.gl/WS6DPvaqcoC6xdv5A?g_st=ipc

O Touro
Localización: https://maps.app.goo.gl/5Xm8fGNnRv4Y6rUc8?g_st=ipc

Aparcadoiros soterrados

Aparcadoiro público do Centenario (tarifas reducidas)
Localización: https://maps.app.goo.gl/91qjn9dxFH8Di1qQ8?g_st=ipc

Aparcadoiro privado O Rueiro
Localización: https://maps.app.goo.gl/3ouSGce3mJBGpBKK7?g_st=ipc

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.