Ribeira amortiza 1 millón de euros da súa débeda para aliviar o peso financeiro e pagar menos xuros

29 Xullo 2025

O Concello de Ribeira continúa a aplicar medidas de consolidación financeira co obxectivo de reducir a súa débeda municipal. O pleno ordinario do mes de xullo aprobou este luns un crédito extraordinario por valor de 1 millón de euros, destinado á amortización anticipada de préstamos bancarios incluídos nos investimentos do orzamento de 2024.

A medida saíu adiante cos 11 votos a favor dos grupos do Goberno (BNG, PBBI e PSdeG) e 10 abstencións do Partido Popular (PP).

Segundo explicou o alcalde, Luis Pérez Barral, esta acción permitirá baixar o nivel de endebedamento do 47,6 % ao 44 % a finais de ano, o que supón un alivio significativo no pagamento de xuros. O rexedor salientou que non se trata dun fin en si mesmo, senón dun paso necesario para liberar recursos e destinalos a necesidades prioritarias como saneamentos, pavimentacións ou mellora de servizos básicos.

A concelleira de Facenda, Herminia Pouso, detallou que o Concello conta cun remanente de tesourería dispoñible de 4,8 millóns de euros, tras utilizar parte do superávit en créditos extraordinarios e suplementos de crédito. A normativa obriga a utilizar parte dese remanente para amortizar débeda, polo que a proposta cumpre tamén cos requisitos legais vixentes.

A concelleira Antía Alberte valorou positivamente esta decisión, lembrando que o novo goberno local atopouse cunha débeda acumulada de máis de 13 millóns de euros e que nos primeiros 100 días foi necesario facer fronte ao pagamento dun millón de euros por facturas pendentes de exercicios anteriores.

Outros artigos

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.