Rianxo acolle un curso intensivo de creación audiovisual cunha ducia de participantes

20 Xullo 2025

Rianxo acolle este verán un obradoiro de creación de curtametraxes e pezas audiovisuais dirixido a persoas maiores de 16 anos, interesadas en iniciarse ou en afondar na linguaxe cinematográfica.

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, é a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron a pasada semana ao alumnado do obradoiro durante a clase maxistral impartida pola creadora de contido Carla Numo.

Este curso está organizado por Merenda Creativa coa colaboración do Concello de Rianxo e a ESCAC Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya.

A actividade desenvólvese en modalidade presencial, do 14 ao 29 de xullo, de luns a xoves en horario de 16:30 a 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo.

Concretamente, o obradoiro estase a realizar conxuntamente entre Merenda Creativa e a ESCAC, dentro do proxecto OFF ESCAC en Galiza, e conta coa colaboración do Concello de Rianxo.

Trátase dun curso de verán centrado na difusión artística, principalmente audiovisual e escénica. En palabras das entidades organizadoras, “é unha ferramenta coa que pretendemos achegar a calquera persoa interesada á creación artística e audiovisual e á súa libre manifestación, mediante fórmulas que non adoitan estar ao seu alcance habitualmente, como a expresión corporal, visual ou sonora. A través da realización dunha peza conxunta, as persoas participantes coñecerán todos os procesos da creación audiovisual, contando ademais con clases maxistrais impartidas por profesionais do sector”.

Máis información na web da ESCAC.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.