Rescatado por mar un mozo tras caer nunha zona de rochas de difícil acceso en Ribeira

21 Xullo 2025

Ocorreu nas rochas do embarcadoiro do peirao de Touro. O rapaz foi evacuado en lancha da Cruz Vermella ata o porto e trasladado ao Hospital do Barbanza

Un mozo foi rescatado esta tarde por mar tras sufrir unha caída nunha zona de rochas de difícil acceso no concello de Ribeira. O ferido, que quedou atrapado nun lugar de complicada chegada por terra, foi finalmente rescatado polos Bombeiros e evacuado en lancha pola Cruz Vermella ata o porto da localidade. Desde alí, foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Barbanza.

O aviso foi recibido no 112 Galicia poucos minutos despois das 19:00 horas, cando un particular alertou da caída dun menor nas rochas dunha praia e asegurou que, nese momento, xa non o tiña á vista, o que activou todos os protocolos de emerxencia.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, púxose en marcha un amplo operativo de busca e rescate, no que participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e GAEM de Ribeira, os Bombeiros de Boiro, e axentes da Policía Nacional e Local. Tamén foron alertados Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia e os voluntarios de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os equipos confirmaron que o mozo non caera ao mar, pero permanecía atrapado nunha zona de rochas de difícil acceso terrestre. O rescate realizouse finalmente por mar, e foi trasladado a salvo nunha embarcación da Cruz Vermella.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.