Remata Saudade poñendo o foco na calidade e na sustentabilidade dos produtos locais da horta da provincia

15 Xullo 2025

Coristanco converteuse este 15 de xullo no escenario de posta de largo de Saudade, o evento da Deputación que reuniu a 13 chefs de todo o ámbito estatal con máis de 20 estrelas Michelín para poñer en valor o sector agroalimentario local. Segunda e última xornada que pon o foco nos produtos locais da horta, protagonizada por máis dunha quincena de produtores, e na que se desenvolveron actividades como visitas á finca, degustacións, mesas redondas, encontro cos produtores e intercambios de experiencias.

Os recoñecidos chefs Alberto Chicote, Diego Guerrero, Paco Morales, Aitor Arregi, Maca de Castro, Begoña Rodrigo, Andoni Luis Aduriz, Toño Pérez e os galegos Javi Olleros, Xosé Cannas, Manuel Costiña, Lucía Freitas e Pepe Solla foron os participantes deste evento, acompañados durante a xornada deste martes 15 de xullo do vicepresidente, Xosé Regueira; os alcaldes de Coristanco, Juan Carlos García; de Carballo, Evencio Ferrero; da Laracha, José Manuel López Varela; de Cabana, José Muíño; a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, e a concelleira de Vimianzo, María José Pose.

Regueira sinalou que, con Saudade, “queremos dar as grazas e recoñecer a todas as persoas do sector agroalimentario que traballaron intensamente e nos trouxeron ata aquí”, así como “celebrar o momento doce do noso sector de produción de alimentos” e, “por suposto, falar de futuro.

Chegaba o autobús cos participantes a Coristanco para comezar o día paseando pola finca da Despensa d’Lujo e coñecer o detalle dos procesos de cultivo sostible. Posteriormente, o equipo dirixiuse á carpa de Saudade onde estaban instalados os postos dos produtores locais A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D`Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte, onde degustaron os seus produtos.

O ambiente foise caldeando entre a diversidade de olores dos produtos e do entorno, ata que deron comezo as mesas redondas. A primeira delas sobre Raíces sostibles: Produto, Territorio e Cultura Alimentaria, na que participaron o chef Paco Morales e a chef Lucía Freitas, o divulgador científico José Miguel Mulet, e Lucía Calvo, da Despensa D’Lujo. E, a segunda e última, Facer País: Innovación, Sustentabilidade e Paisaxe Emociona’, cos chefs Maca de Castro, Andoni Luis Aduriz e Xosé Cannas, a xornalista gastronómica Lakshmi Aguirre, e Senén Barral, responsábel do Departamento de Innovación, Infraestruturas e Servizos de Restauración de Inditex.

Remata así esta primeira edición de Saudade, un proxecto que pasou por Santa Comba; Santiago de Compostela; A Pobra do Caramiñal; Ribeira e Coristanco, deseñado, en palabras da Deputación da Coruña, “para resaltar a excelencia e diversidade dos produtos locais, e que brindou aos participantes a oportunidade de vivir unha experiencia sensorial única, permitíndolles conectarse coa orixe e a elaboración de cada ingrediente”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...