Queiruga celebra as súas festas con tres días de celebracións: do 24 ao 26 de xullo

15 Xullo 2025

A semana que vén O Barbanza vai ser un fervedoiro de celebracións. Unha das máis destacadas serán as Festas de Queiruga, en Porto do Son, que comezan o 24 de xullo e esténdense ata o 26. Arrincarán o 24 cunha verbena a cargo da Orquestra Marbella e DJ Matrek e o día seguinte, adicado á Virxe dos Remedios, logo das alboradas do Grupo de Gaitas Os Salgueiriños, arrincará cunha misa solemne na honra da Virxe na igrexa de Santo Estevo de Queiruga.

Logo haberá unha sesión vermú co grupo Leite con Jalletas e pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá actividades para a rapazada con inchábeis e unha festa da escuma. Pola noite será o momento da verbena coa Orquetra New York. Contarase tamén cos picadiscos CDC con Kike Varela.

O sábado 26 virá cheo de actividades. Despois da alborada a cargo da Banda de Caamaño e Chorimas de Queiruga, haberá unha procesión (ás 12.30 horas) dende o Campo da Festa ata a o porto de Nadelas, e ás 13.00 celebrarase unha misa solemne na honra da Virxe do Carme no Santuario de Nadelas. Ás 14.00 horas haberá unha gran sardiñada no Campo da Festa con viño e pan de boroa de balde, e estará amenizada pola Charanga CLK. Pola tarde celebrarase unha nova edición do partido de solteiros contra casados en Goirís (ás 18h) e pola noite, a partir das 23.00 horas, actuarán Monoulious Dop, a Orquestra Funçao Pública e a Discoteca Chocolate con Manu GZ.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.