Platon Kuzmenko proclámase campión galego no histórico debut do Wingfoil en Portosín

06 Xullo 2025

O ucraíno afincado en Galicia Platon Kuzmenko proclamouse este domingo primeiro campión galego de Wingfoil, tras manterse como líder da clasificación xeral nunha xornada final sen vento suficiente para disputar novas probas.

Fotos: Juan Caballero

A competición, organizada polo Real Club Náutico de Portosín por delegación da Real Federación Galega de Vela, non puido completar ningunha manga o domingo debido á baixa intensidade do vento, que apenas acadou os 4-6 nós, moi por debaixo do mínimo de 12 necesario para desenvolver a regata.

Así, prevaleceron os resultados da primeira xornada, na que se completaron cinco mangas grazas a condicións de vento máis estables. Kuzmenko selou a vitoria con tres primeiros postos, un segundo e un cuarto posto descartado, sumando así o seu primeiro título nesta disciplina emerxente da vela.

Completaron o podio Anton Kuzmenko, tamén ucraíno e baixo licenza do Real Club Náutico da Coruña, con 8 puntos; e Nicolás Blanco, do Club Náutico Castrelo de Miño, cun total de 17 puntos, os mesmos que Tomás Vieito, do Rodeira de Cangas, que quedou cuarto. Na quinta posición rematou o olímpico Iago López Marra, representando ao club anfitrión, cun punto máis.

A entrega de premios celebrouse ás 14:00 horas no Salón Nobre do Real Club Náutico de Portosín, coa presenza de representantes institucionais como Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; Carlos Lorenzo, concelleiro de Deportes do Concello de Porto do Son; Luís Otero, director deportivo; Isaac Gaciño, patrón maior da Confraría de Pescadores de Portosín; e Miguel Reboreda, comodoro da entidade organizadora.

O campionato contou co patrocinio da Deputación da Coruña e da empresa Gadis, marcando un fito na historia da vela galega ao ser o primeiro certame autonómico oficial da modalidade de Wingfoil.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.