“Perdidos” – Xulio Xiz

17 Xullo 2025

Véuseme á mente a serie Perdidos, que mestura unha especial visión do futuro con misterio, violencia, e aventuras nunha illa deserta. Despois de varias tempadas, como se fose unha provocación á imaxinación, todo queda no aire, os misterios non se aclaran por moito que a realidade se transforme e o espectador quede angustiado por unha situacion incomprensible. Lembrei “Perdidos”, ao saber de maiores que se perden en xeografías que foron coñecidas, rodeadas de persoas coas que conviviron, alleas en todo ou en parte ao que acontece no arredor.

A perda comeza no interior de persoas que deixan de saber, de coñecer, de recordar; esa traxedia persoal, familiar e social que arrrinca a quen a sofre anacos de vida, imprescindibles para saber quen son, de onde veñen e con quen, facendo tábula rasa da carga que os anos, vivencias e afectos vai nutrindo o interior máis profundo.

Que tristeza que a un ser humano se lle arrebaten as experiencias vitais en roubo infame do que ninguén pode recuperarse. Que inxusto sufrimento para os afectados, que veñen ser todos os pertencentes á unidade familiar na que alguén se perde.

Detéctase especial atención ao problema por parte das institucións, entidades sociais e familias, e seguro que non fai falla pedir que todos os avances científicos e técnicos se apliquen para evitar e solucionar estas perdas. Porque verdadeiramente perdidos no seu interior están todos os que sofren este alevoso mal, e a perda física, extravío que sempre agardamos que sexa momentáneo, non é máis que a expresión exterior da perda interior que nos deixa angustiados por unha situación incomprensible.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.