Pan do Mar e Amicos organizan unha recollida de residuos mariños coa rapazada de Vilanova de Arousa

18 Xullo 2025

Amicos e a conserveira Pan do Mar organizaron esta semana unha recollida de residuos mariños na praia das Sinas, en Vilanova de Arousa. Na xornada participaron axentes medioambientais e traballadores da asociación do Barbanza.

Ao longo da mañá, grazas ao traballo conxunto dos voluntarios e voluntarias que se congregaron no areal vilanovés, recolléronse un total de 76,1 quilos de residuos. Deles, 2,5 quilos foron de plásticos, 72,5 de resto 1 de vidro, 0,1 de papel e case 200 cabichas.

Se ben a mañá comezou coa limpeza da costa, tamén se realizou unha acción de sensibilización mediambiental conducida polos activistas medioambientais de Amicos. Esta consistiu na pesada e clasificación de todo o material recollido, o que permite visibilizar a variedade de lixo
que chega aos nosos mares.

Pedro Lois, portavoz de Pan do Mar, destacou que esta colaboración constante con Amicos “combina coidado do mar, sensibilización medioambiental das xeracións máis novas e a inclusión das persoas con discapacidade. Aspectos que nos preocupan e polos que traballamos de forma continua dende Pan do Mar”.

Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, agradeceu aos voluntarios o seu traballo, e destacou que “no que vai de ano, recollemos case 3,5 toneladas de residuos en distintas accións de limpeza mariña. Aliados como Pan do Mar son importantísimos para o coidado e a preservación do medio ambiente, posto que o seu impacto positivo a nivel social é incalculábel”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.