Os alcaldes de Padrón e Arjonilla inauguran a Feira Medieval

05 Xullo 2025

Os alcaldes de Padrón, Anxo Arca, e Arjonilla, Luis Miguel Carmona, inauguraron na mañá deste 5 de xullo, sábado, a XVIII Feira Medieval, que enche de cor as rúas do casco histórico padronés. O concerto de Xoán Curiel, Treides conmigo, na igrexa de Santiago, interpretando temas inspirados nos poemas de Macías o Namorado, puxo o colofón aos actos de irmandade entre os municipios galego e xienense.

Foto de familia na praza de Macías

Anxo Arca e Luis Miguel Carmona percorreron as rúas do casco histórico nas que está situado o mercado medieval con numerosos postos de artesanía, alimentación e obradoiros para todas as idades. O grupo Turdión e a deusa Thea co seu séquito abrían a comitiva oficial, formada polas concelleiras padronesas Chus Campos, Mariló Saco, Laura Horta e Ana Casto; polo concelleiro de Festexos e Deportes de Arjonilla, Antonio Hernández, e polo dinamizador cultural, Juan Cardeña.

A música de Turdión e as acrobacias do séquito da deusa Thea sorprenderon ao público, que aplaudiu as actuacións e non dubidou en facerse fotos con eles. Durante o percorrido, os dous alcaldes conversaron con algúns dos comerciantes que teñen postos no mercado. Luis Miguel Carmona levou como agasallo unha lamina co seu nome escrito en árabe.

Pola tarde, como colofón aos actos oficiais do irmandamento entre Padrón e Arjonilla, representantes das dúas corporación asistiron na igrexa de Santiago á actuación na que Xoán Curiel tocou temas do seu sétimo disco. No concerto Treides conmigo!, Curiel mestura música moderna e antiga, interpretando temas inspirados nos poemas de Macías o Namorado e doutros trobadores medievais.

Durante todo o día a música medieval encheu as rúas de Padrón, convivindo cos obradoiros de maxia infantil, de pintacaras e de xogos tradicionais. Os artesán fixeron tamén demostracións en vivo de elaboración de pezas de vidro, barro e coiro. Pola noite, a deusa Thea volveu percorrer o centro histórico acompañada dos seus personaxes de luz.

A Feira Medieval de Padrón continuará mañá, domingo, con numerosas actividades. Ao mediodía está prevista a entrega dos Premios de engalanamento en ornato que convocou o Concello de Padrón para animar aos comerciantes a decorar os seus establecementos e sumarse dun xeito activo á feira medieval.

As animacións de rúa comezarán xa ás 11.00 horas coa visita do Bosque vivinte ao mercado dominical. Pola tarde volverán a recorrer o mercado medieval, que pechará as súas portas á medianoite.

Outros artigos

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.