O Son achega unha mostra de pintura do artista granadino afincando no concello Manuel de Hueso

03 Xullo 2025

Este 3 de xullo a Casa da Cultura de Porto do Son acolleu a presentación da exposición de pintura El arte en busca del sueño perdido, do autor granadino afincado no municipio sonense, Manuel de Hueso.

A presentación contou coas intervencións do alcalde, Luis Oujo; a concelleira de Cultura, Alicia Martínez; a técnica de Cultura, Lidia Moledo e o propio autor, Manuel de Hueso.

Así, un total de 35 obras repartidas e expostas nas Casas de Cultura de Porto do Son e Portosín estarán a disposición de todas as persoas que desexen visitalas durante todo o mes de xullo. Na Casa da Cultura de Porto do Son, o horario será de 8.00 a 14.00 h e de 19.00 a 21.00 h, mentres que na Casa da Cultura de Portosín, será de 8:00 a 14:00 h.

No caso de que as persoas visitantes o desexen poderán mercar as obras expostas.

Outros artigos

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.