O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

10 Xullo 2025

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937.

Participantes do roteiro sobre Julio Silva. O Barbanza

A actividade, de carácter gratuito, partiu da Alameda de Santiago, xunto á coñecida estatua das Marías, e foi guiada polo historiador e profesor de ensino secundario José Antonio Pérez Fernández, autor do libro Diarios de Julio Silva, que recupera a memoria e os escritos deste activista silenciado pola represión franquista. O roteiro percorreu a praza do Toural, a rúa do Vilar e praza do obradoiro e rematou fonte os vaixoa de Raxoi onde estiva o cárcere e estivo detido o ibeirense antes de ser executado no camposanto de Boisaca.

Este roteiro supuxo unha oportunidade única para afondar na historia local ribeirense e na vida dun personaxe clave do republicanismo local cuxo compromiso coa liberdade, a cultura e a xustiza social marcou unha época convulsa e determinante da historia contemporánea de Galicia.
Julio Silva

A actividade estivo organizada por Nova Escola Galega, en colaboración coa Revista Galega de Educación c contou coa colaboración da CRMH BARBANZA e nela participaron unhas vinte persoas.

Placa conmemorativa en Boisaca

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.