O PSOE de Rianxo forza un Pleno Extraordinario para esixir melloras no ámbito educativo e social

13 Xullo 2025

O grupo municipal socialista de Rianxo vén de impulsar a convocatoria dun Pleno Extraordinario que se celebrará o 31 de xullo, co obxectivo de abordar cuestións prioritarias en materia educativa e social. A iniciativa responde, segundo explican, á inacción do Goberno local e á exclusión destas demandas do último Consello Escolar Municipal.

Entre os puntos principais da orde do día figuran:

  • Reclamación á Consellería de Educación para que se garantan as ratios legais e os recursos necesarios —profesorado especializado e persoal de apoio— nos centros educativos con alumnado con necesidades específicas.
  • Revisión integral do servizo municipal de atención temperá, tanto en canto á calidade do servizo como ao cumprimento normativo e á atención prestada ás familias.
  • Creación dunha comisión de seguimento da licitación do servizo de atención temperá, co fin de asegurar unha planificación axeitada e transparente.

O PSOE critica que estas demandas non foran incluídas no Consello Escolar celebrado o pasado 2 de xuño e cualifica esta omisión de “irresponsabilidade política e desprezo á comunidade educativa”. Así mesmo, denuncia a ausencia reiterada do concelleiro de Educación nestes encontros e a negativa do Goberno a permitir a participación da oposición.

Desde o grupo socialista lembran que esta presión política forzou ao alcalde a convocar o Pleno Extraordinario e a celebrar unha xunta de voceiros, a terceira en toda a lexislatura, despois de meses sen avances. Subliñan tamén que o regulamento de atención temperá aprobado inicialmente polo executivo local e o Partido Popular non garantía os dereitos das familias nin a calidade do servizo, deixando incluso unha familia sen acceso ao mesmo.

Ademais das cuestións educativas, o PSOE tamén demanda unha comisión extraordinaria para abordar outros temas clave, como o estado do PXOM, o seguimento da Residencia Pública, a situación do proxecto do Centro de Día —sobre o que din non ter recibido información—, o Plan de limpeza e desbroces 2025, así como datos económicos da Conta Xeral de 2024, incluíndo facturas pendentes e tempos de pago a provedores.

Os socialistas advirten que, de non atenderse estas solicitudes no prazo legal, volverán solicitar un Pleno Extraordinario e recorrerán ao Valedor do Pobo, ante o que consideran unha vulneración continuada do dereito á información e á transparencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.