O Grupo Municipal Socialista de Rianxo convoca unha reunión cos e coas representantes das ANPAS das distintas institucións educativas do municipio co obxectivo de coñecer de primeira man as previsións para o vindeiro curso 2025/2026 en relación ao reforzo de persoal especialista para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) e necesidades educativas especiais (NEE).
Durante a xuntanza abordarase tamén a situación actual das ratios nas aulas e a posibilidade de solicitar desdobres cando sexa necesario, en defensa dunha educación pública de calidade.
A reunión celebrarase este martes 8 de xullo ás 20:00 horas, no cuartel Vello, en Rianxo.




