O PP de Ribeira insta ao reforzo urxente dos efectivos policiais por preocupación cidadá

16 Xullo 2025

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, María J. Sampedro Fernández, presentou ao Pleno da Corporación unha proposición para abordar o “déficit alarmante” de efectivos das forzas de seguridade no municipio.

Segundo indica a proposta, a seguridade cidadá é unha das principais preocupacións da veciñanza, especialmente neste período estival onde a poboación de Ribeira —uns 30.000 habitantes— se multiplica co aumento do turismo, dos eventos e da mobilidade.

A voceira popular insiste en que a calidade de vida da localidade está en risco pola falta de medios humanos, tanto na Policía Nacional como na Policía Local. A situación é especialmente crítica nas comisarías, nas que, segundo denuncias do Sindicato Unificado de Policía (SUP), Galicia só recibiu 90 axentes dos máis de 5.000 incorporados no Estado nos últimos anos, cando se estiman necesarios polo menos 250.

Na Policía Local, a plantilla conta con 22 axentes, dos cales 4 están en segunda actividade e só 8 auxiliares, sen reforzo efectivo para cubrir baixas e vacacións. Estímase que no próximo ano se producirán catro xubilacións, o que agravará aínda máis a situación.

Medidas propostas polo Grupo Popular

  1. Solicitar ao Goberno central a ampliación do catálogo de postos da Comisaría de Ribeira e dotar dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR).
  2. Trasladar esta petición á Dirección Nacional da Policía, á Delegación do Goberno en Galicia e á Xefatura Superior de Policía.
  3. Habilitar no orzamento municipal partidas para aumentar a plantilla da Policía Local segundo as vacantes legais.
  4. Instar ao Ministerio do Interior a acelerar os procedementos de contratación para cubrir xubilacións sen atrasos.
  5. Establecer que a Xunta Local de Seguridade se convoque cada cuadrimestre para avaliar avances e recoller propostas.

A moción non pretende xerar alarma, pero sí busca consenso político para garantir a protección e benestar da cidadanía, así como para atender as reivindicacións dos profesionais da seguridade que, segundo denuncias, se senten “desoídos e desamparados”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...