O nordeste mandará na XIV Regata CONGALSA – Volta a Sálvora

03 Xullo 2025

Juan Caballero. O nordeste, segundo a previsión meteorolóxica, será o que mande na XIV Regata CONGALSA – Volta a Sálvora, que organiza este sábado 5 de xullo o Club Náutico Deportivo de Ribeira.

Cunha participación que supera a vintena de unidades, a frota estará dividida nas tres categorías naturais do ORC: Regata, Regata/Cruceiro e Cruceiro, tendo por hora de saída o 14.00 h, dirección ao norte da illa que protexe a Ría de Arousa.

O Marítimo de Bouzas, os Reais de Portosín e Club Regatas de Galicia, o Arousa Norte, Club de Iates de Vilagarcía e o anfitrión de Ribeira son só algunhas grímpolas que estarán defendidas polos seus mellores embaixadores velísticos, entre os que destacan Chispetrén, Moucho, Zirralla Primeiro, Cámping Ría de Arousa, Orlando, Piko Norte, Corsario Thunder, ou Exit Manitú, algúns deles protagonistas dos últimos podios das regatas no Barbanza.

A edición de 2024 foi coroada por Peperetes-Nortemar, Ziralla Primeiro e Orlando, de José Manuel Millán, Ramón Barreiro e Gerardo Sánchez, respectivamente.

A entrega de premios está programada na media tarde do sábado, coa presenza confirmada de directivos de CONGALSA, empresa promotora da regata.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.