O Festival Atlántica programa este venres 11 en Outes un espectáculo de Vero Rilo e Santi Cribeiro

10 Xullo 2025

O espectáculo Lavandeiras chega ao Freixo da man do Festival Atlántica este venres 11 de xullo

O Festival Atlántica achégase este venres 11 de xullo á Terraza do Náutico no Freixo de Outes cunha proposta chea de poesía, música e memoria: Lavandeiras, un espectáculo de Vero Rilo e Santi Cribeiro que rescata as historias, cantos e vivencias das mulleres que lavaban nos regatos e lavadoiros. A actividade, con entrada libre ata completar aforo, comezará ás 21:00 horas e conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o patrocinio do Concello de Outes.

Lavandeiras é unha viaxe emocional e sensorial polas vidas das mulleres, a súa relación co traballo, coa identidade e coa memoria. Mulleres que lavaban roupa e tamén feridas, en silencios compartidos e en cantares esquecidos. Rilo e Cribeiro propoñen un ritual escénico para tender, ao sol da xustiza poética, as historias de tantas que calaron e resistiron.

A narradora oral Vero Rilo, cunha traxectoria que comezou en 2013 tras deixar o seu labor como educadora infantil, destaca pola súa capacidade para (re)construír memoria colectiva a través da palabra, desde unha perspectiva feminista e coidada. Acompañada pola música de Santi Cribeiro —acordeonista e compositor cunha longa carreira no eido do folk galego e membro de grupos como Berrogüetto e Os d’Abaixo—, o espectáculo mestura tradición e contemporaneidade para emocionar e reivindicar.

Festival Atlántica

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica naceu en 2013 con sede en Santiago de Compostela e cunha clara vocación atlanticista: crear un espazo de encontro entre voces e historias vencelladas ao océano e ás súas culturas. Apostando pola narración como arte escénica viva e transformadora, Atlántica promove unha narrativa integradora, igualitaria e sostible, con raíces no territorio e ollada cara o futuro.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.