O Concello do Son impulsou melloras de mobilidade e seguridade en Valcunqueiro, Seráns e Souto, entre outros núcleos

07 Xullo 2025

Co arrinque do mes de xullo, o Concello de Porto do Son informou de novos traballos realizados nas parroquias co obxectivo de mellorar os servizos básicos para a veciñanza e avanzar en accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria.

Entre os labores desenvolvidos neste comezo de xullo polas brigadas municipais figurou o acondicionamento de accesos no núcleos de Valcunqueiro, na parroquia de Goiáns.

Tamén, a mellora dos accesos no núcleo de Seráns, na parroquia de San Pedro.

Ao devandito engadiuse a posta a punto das beirarrúas da AC-550 entre os núcleos de Xío e o Lagarto.

A maiores, o Concello de Porto do Son acondicionou os accesos no núcleo de Cabanela e na contorna da súa fonte, na parroquia de Noal.

Informar tamén de ampliacións no viario no núcleo do Souto, na parroquia de Miñortos, co obxectivo de mellorar a mobilidade e garantir a seguridade de viandantes e condutores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.