O Concello de Ribeira restaura unha embarcación tradicional que foi doada á Confraría da Dorna

02 Xullo 2025

A Lonxa Vella de Ribeira acolleu este martes 1 de xullo a entrega oficial dunha dorna doada á real e Ilustre Confraría da Dorna por Andrés “O Chopo” e restaurada pola Unidade de Condutas Aditivas (UCA) do Concello de Ribeira.

No acto participaron o alcalde, Luís Pérez, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes,o coordinador da Escola de Vela Tradicional da Confraría da Dorna, Anxo García, o coordinador de actividades da UCA, Manuel Casais, o doante da Dorna, Andrés “O Chopo”, directivos da Confraría da Dorna e máis os verdadeiros artífices da restauración: o alumnado da UCA.

Anxo García felicitou ao Concello, a Manolo e ao equipo de alumnos do obradoiro de madeira da UCA o seu traballo. “Grazas por axudarnos a cumprir un dos obxectivos da Confraría da Dorna que é, manter o noso patrimonio marítimo que suma coa restauración desta dorna chamada Chopa e que estaba en moi mal estado. Deixárona impecábel”.

O responsábel do obradoiro de madeira, Manuel Casais, agradeceu que o Concello “pensara en nós, a verdade é que estamos moi contentos co labor que estamos facendo”. Casais comentou que foi un traballo moi duro porque a dorna estaba moi deteriorada pero conseguiron deixala en moi bo estado. Rematou cunha gabanza ao alumnado do obradoiro pola súa implicación e dedicación: “Que eles sintan que se están a recuperar co seu traballo á comunidade”.

O concelleiro de Sanidade e responsábel da UCA, Luis Furones, manifestou que isto “é unha mostra máis do bo facer do alumnos do obradoiro da UCA”. Furones afirmou que moitas veces o seu traballo “queda no escurantismo ou pode pensarse que só é un servizo onde se dispensa medicación”. O concelleiro falou de aproveitar estas oportunidades para dar a coñecer as contribucións do obradoiro.

Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez Barral, puxo en valor o duro traballo de varios meses que o alumnado fixo para “recuperar un elemento que forma parte do patrimonio marítimo de Ribeira”. Segundo Pérez Barral, grazas a esta restauración preservamos unha embarcación tradicional que poderán desfrutar as xeracións presentes e futuras. O alcalde, Luís Pérez Barral, tamén salientou que actuacións coma esta “encaixan de cheo na liña de acción do Goberno local, que busca poñer en valor a historia, a cultura e, moi especialmente, o patrimonio marítimo do noso concello, porque entendemos que é un sinal de identidade que temos a obriga de protexer e difundir”. Tamén tivo palabras de agradecemento para a Confraría da Dorna “porque non só organiza a festa que nunha semanas estaremos desfrutando, senón que desenvolven un traballo fundamental na conservación e divulgación do patrimonio marítimo, nomeadamente todo o relacionado coa dorna”.

Pérez Barral engadiu que xunto a esta dorna e outras da Confraría “imos poder gozar nuns poucos días, dese XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que acollerá Ribeira entre o 17 e o 20 de xullo”.

Rematou facendo unha alegación a favor da dorna: “Este tipo de embarcacións deron de comer a moitas familias durante moitos anos e agora queremos que siga sendo unha referencia viva do noso concello”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.