O Concello de Ribeira recibe a autorización de Portos de Galicia para celebrar as Festas do Verán na localización habitual

23 Xullo 2025

O Concello de Ribeira confirmou a recepción oficial da autorización de Portos de Galicia para a celebración das tradicionais Festas do Verán na súa localización habitual no porto da cidade, do 30 de xullo ao 3 de agosto. Esta autorización chega tras semanas de intenso traballo técnico e administrativo por parte do Goberno local para dar cumprimento a todos os requirimentos esixidos polo ente portuario.

O concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta felicitou a todo o equipo técnico do Concello, “tanto ao departamento de festexos como ao de arquitectura, urbanismo, policía local e tamén ás empresas que tivemos que contratar para poder conseguir facer fronte a tódolos requisitos que se nos foron poñendo e que finalmente salvamos para conseguir esta autorización”.

Lembraron que o proceso incluíu a entrega de diversos informes técnicos, planos de seguridade e documentación complementaria que foron solicitados por Portos de Galicia, o que, segundo recoñecen, “puxo a proba a capacidade organizativa do equipo municipal”.

“Foi un proceso longo e esixente, pero a recompensa é enorme: poder celebrar as festas no lugar de sempre, un espazo emblemático e querido pola veciñanza. Agradecemos o esforzo de todo o persoal técnico e a colaboración de Portos de Galicia, que finalmente viu a necesidade de seguir facendo as festas na localización de sempre validando a nosa proposta”, declarou Luís Pérez Barral.

A autorización abrangue unha superficie descuberta de 13.733,94 m2 no porto de Ribeira. O rexedor defendeu o emprazamento tradicional argumentando que Ribeira carece alternativas de espazo para albergar tódalas atraccións: “É un espazo que no só lle convén aos feirantes, por tema de traballo senón porque é a única alternativa coa que conta Ribeira a día de hoxe para poder albergar as súas festas de verán”, tamén indicou que “é o espazo idóneo para beneficiar tanto a hostalería coma o comercio no noso concello”.

Pérez Barral apelou á coordinación e ao diálogo con Portos de Galicia: “Seguimos coa man tendida para que dende Portos se poda desafectar toda a fachada marítima que non teña que ver co uso estritamente portuario e agradamos que nos sucesivos meses poidan recibirnos; tal e como lle temos solicitado ao seu presidente para poder desacfectar esa parte que non ten ese uso portuario e polo tanto podamos xestionala nós dende o Concello de Ribeira”.

O Concello anima á veciñanza a participar activamente nas Festas do Verán 2025, que contarán con verbenas, espectáculos, atraccións e os tradicionais fogos artificiais, todos eles organizados “cumprindo os máximos estándares de seguridade”, sinalaron.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.