O Concello de Lousame investirá case 50.000 euros na mellora da Pista Polideportiva do Sanguiñal (Tállara) e os seus accesos

22 Xullo 2025

O Concello de Lousame vén de adxudicar as obras de mellora da Pista Polideportiva do Sanguiñal (Tállara), que inclúen a pavimentación do acceso público á instalación, por 49.400 euros á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL. Estes traballos suporán intervir en toda a instalación deportiva: estrutura, elementos de cuberta e laterais, segundo confirmou a alcaldesa Teresa Villaverde, engadindo que “a pista do Sanguiñal atópase nun estado avanzado de deterioro debido ao lóxico paso do tempo, ao que hai que engadir que partes da cuberta desprendéronse durante os temporais do pasado inverno, polo que dende o Concello decidimos aprobar este investimento de case 50.000 euros para volver a poñer a disposición da veciñanza estas instalacións deportivas”.

Obras a realizar

De feito, a ausencia ou rotura dalgunhas das placas traslúcidas da cuberta, unidas á ausencia de canlóns nin baixantes para a recollida da auga da chuvia, provocan a formación de pozas na pista, o que impide a súa utilización durante moitos días e aceleran o deterioro da infraestrutura. Proba diso, informou o Concello, “é que a estrutura principal mostra unha avanza corrosión e óxido, ao igual que os elementos de ancoraxe que, ao estar en contacto directo coa pista, están en contacto continuo con esa auga de chuvia, o que acelera o seu deterioro”.

Por iso, procederase á desmontaxe de toda a estrutura e a substitución de todos os parafusos, aplicando un tratamento antioxidante sobre a estrutura e a nova cuberta. Unha nova cuberta de chapa de aceiro prelacado á que se engadirá a colocación de canlóns de aluminio e baixantes para a recollida de augas pluviais. Así mesmo, instalarase unha tubaxe de PVC e unha arqueta sumidoiro para canalizar a auga da choiva cara un novo pozo de rexistro, evitando así que a auga se acumule na pista e non permita o seu uso pola veciñanza.

As obras completaranse coa pavimentación dos accesos públicos á instalación, pavimentándose unha superficie total de 210 m², entre o lateral da pista deportiva e o camiño de acceso dende a estrada DP-1104. Deste xeito, os usuarios poderán acceder ás instalacións deportivas por este camiño, sen ter que cruzaren polo parque infantil da Escola Unitaria do Sanguiñal.

“Temos nestes momentos moitas iniciativas en marcha na área deportiva”, recorda Teresa Villaverde, “pois, ademais de licitar a renovación da cuberta da Pista Municipal do Sanguiñal, xa temos bastante avanzada a construción dos novos vestiarios do Campo de Fútbol Municipal da Silva e agardamos que nos próximos meses se asine o convenio para cambiar o céspede artificial do Campo de Fútbol de Cabanetán, despois da confirmación da subvención nominativa outorgada pola Deputación da Coruña”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...