O Concello de Lousame abre as inscricións nas “Leisure activities in english”, que serán do 4 ao 8 de agosto

07 Xullo 2025

O Concello de Lousame abriu este luns 7 de xullo o prazo de inscrición no programa Leisure activities in english, que será impartido polas novas voluntarias europeas Zhenya Yordanova e Ogsanna Yeritsyan. Trátase dun programa gratuíto de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés e que terá lugar os días 4, 5, 6, 7 e 8 de agosto no local social do Sanguiñal (Tállara), en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Zhenya e Ogsanna, que forman parte do programa de voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade, colaborarán co Concello de Lousame na posta en marcha desta proposta e serán as encargadas de fomentar o uso do inglés durante as actividades.

“O programa inclúe pintura, karaoke, música, xogos, cine, creatividade, teatro, conversas e moito máis, todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés no verán e o pasen moi ben”, explica a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

A edil informou que as Leisure activities in english están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos de idade. Contará con 30 prazas, que poden reservarse a través de www.bandoticket.com. O Concello de Lousame establece un dobre prazo de inscrición: ata o 18 de xullo para persoas empadroadas no municipio e, no caso de quedaren prazas libres, do 19 ao 24 de xullo para empadroadas noutros concellos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.