O Concello de Boiro inviste máis de 33.000 euros en adquisición de axudas técnicas para o préstamo nos últimos anos

02 Xullo 2025

O Concello de Boiro vén de adquirir novas axudas técnicas para o préstamo a familias usuarias do Servizo de Axuda no Fogar con persoas dependentes ao seu cargo. Estas novas adquisicións, por un importe de 10.000 euros, súmanse ás adquiriras nos últimos anos ascendendo o investimento total aos 33.860 euros.

O réxime de préstamo destas axudas conta cunha longa traxectoria no municipio, superando as 40 axudas técnicas das que dispón o Concello de Boiro e que se poñen a disposición das persoas usuarias.

Os Servizos Sociais comunitarios de Boiro contan cun catálogo de axudas técnicas para o seu préstamo como son colchóns antiescaras para persoas acamadas, camas articuladas e grúas para persoas con servizo SAF para familias e persoas que precisan deste servizo.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, recibiron na mañá deste 2 de xullo as novas axudas técnicas adquiridas que, nos vindeiros días, serán levadas ás vivendas que así o solicitaron e que se atopan en lista de agarda.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.