O Concello da Pobra reivindica o valor natural e cultural do río das Pedras con dúas rutas turísticas

22 Xullo 2025

A riqueza natural e cultural do río das Pedras fan deste espazo un dos maiores reclamos turísticos da Pobra do Caramiñal. O Concello buscará pór en valor esta contorna con dúas rutas turísticas que correrán a cargo do xeógrafo e guía oficial de Turismo de Galicia, Joaquín Rubal.

As actividades están encadradas dentro do programa estival da Concellería de Turismo, e levaranse a cabo este sábado, 26 de xullo, e o xoves, 14 de agosto.

En ambos casos, as saídas arrincarán ás 10.00 horas e terán unha duración estimada de tres horas. Ao longo das mesmas, as persoas participantes realizarán un percorrido a pé de, aproximadamente, dous quilómetros. A dificultade da ruta é media-alta, polo que está recomendada para persoas maiores de 12 anos.

O punto de encontro será a Casa Mariñeira e, desde alí, os visitantes partirán en microbús ata o lugar desde onde comezarán a ruta. Ao remate do itinerario, serán trasladadas en autobús ata o miradoiro de Valle-Inclán, situado na Curota, para gozar dunha das panorámicas máis emblemáticas da comarca.

As persoas interesadas en anotarse nas distintas propostas poderán facelo na Casa Mariñeira ou no correo turismo@apobra.gal. Así mesmo, poderán solicitar máis información nos teléfonos 671 090 262, no 687 482 835 ou no 981 843 280 (extensión 2035).

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...