A edición 2025 do certame enolóxico-musical Boviño Wine Fest celebrarase en Boiro os días 7, 8, 9, e 10 de agosto. Tratase dun festival adicado ás Adegas das IXP’s Galegas, cun protagonismo preponderante da IXP Barbanza-Iria. Segundo sinalan dende a organización, a idea é poñer en valor os nosos viños, gastronomía e territorio (Barbanza, Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, etc.) e “xuntar todo isto ás localizacions escollidas para o festival, que serán en Boiro na Cetarea Angelmar (xoves), na Pobra do Caramiñal na Adega Entre os Ríos (venres) e co Pazo de Goiáns en Boiro como estrela (sábado e domingo)”.

Todo isto maridado con catas: teatrais e musicais; e actividades como un Viño con Grison con Grison Beatbox, co-presentador do programa La Revuelta; Xilbarbeira, Josito Porto & Vitor Mosqueira, Julián Maeso, Dj’s, sumilieres, cociñeiros, exposición e venta de sancosmeiros.
Ademais, a axenda ven cunha importante novidade: a actividade Viño con sombreiro, que será o domingo 10 en sesión matinal para pechar o evento (só se pide que se traia un sombreiro, tocado, gorro ou gorra ou un pano atado na cabeza, pero con algo posto).
Programa
Xoves 7
20:00h – 23:00h
Cetárea Angelmar, Triñáns, Boiro. A Coruña
-Cata Sorpresa
-Visita Teatralizada con Victor Mosqueira & Josito Porto
-Degustación de mariscos con Kike Piñeiro de A Horta d’Obradoiro
(Entradas para o xoves: 20€ anticipadas e 25€ na billeteira: prazas limitadas)
Venres 8
19:00h – 23:00h
Adega Entre Os Ríos, A Pobra do Caramiñal. A Coruña
-Roteiro polos viñedos cos adegueiros
-Degustación gastronómica de conservas gourmet
-Cata musical con soul-wine by Julián Maeso e con Juanjo Figueroa Treus, presidente de AGASU
(Entradas para o venres: 20€ anticipadas e 25€ na billeteira: prazas
limitadas)
Sábado 9
Dende as 11:00h
Pazo de Goiáns, Boiro. A Coruña
-11:00h Roteiro botánico con Xulio Gutierrez (mediante reserva en bovinhowinefest@gmail.com, con prazas limitadas)
-12:30h a 13:30h Cata musical con Juanjo Figueroa Treus, presidente de AGASU (tíckets para a cata musical 10€ anticipadas e na billeteira, con prazas
limitadas)
-19:00h a 23:00h Túnel do viño coas IXPs Galegas no que poderemos catar máis de 50 referencias (tíckets para o túnel do viño 20€ anticipadas e 25€ na billeteira / 30€ túnel do viño + actuación)
(degustación gratuíta de mexillón só para as primeiras 200 entradas ao túnel do viño) (cortesía da XVII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz)
-19:00h un viño con Grison
(tíckets para a actuación: 20€ anticipadas e 25€ na billeteira / 30€ túnel do viño + actuación)
-00:00h After Boviño nos locais de ocio nocturno de Boiro
-Dj´s
-Espazo gastronómico
-Espazo coas adegas convidadas
-Espazo de cervexas Alhambra
Domingo 10
Dende as 12.00 horas
Pazo de Goiáns, Boiro
-Sesión matinal Viño con sombreiro
-Exposición de sombreiros artesáns, Sancosmeiros e coiro
-Actuación musical
-Espazo enolóxico
-Espazo gastronómico
-Espazo de cervexas Alhambra
-Cata exclusiva valorada en 20€
(acceso á Cata exclusiva só para os 20 primeiros compradores do FullPass)
Compra de entradas e tíckets para as actividades na web apousada.eu, e en A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro.
FullPass de 4 días por 80€ na web www.apousada.eu, en A Pousada da Galiza Imaxinaria e en Baldani Concept Store en Boiro.
FullPass: 50€
Xoves 7: 15€
Venres 8: 15€



