Continuaremos este mércores baixo a influencia das altas presións, que seguirán dominando a situación meteorolóxica e achegarán aire cálido desde o sur. Esta configuración favorecerá un céu pouco nubrado ou despexado en xeral, con néboas matinais nalgúns puntos do interior e nubes de evolución na metade sur, onde non se descarta algún amago de tormenta ao longo da tarde.
Co avance do día, as temperaturas altas, onde o incremento será máis acusado durante a tarde. Pola noite, agárdase a formación de brétemas costeiras no litoral oeste. En canto aos ventos, predominarán os de compoñente leste.

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



