Limpeza de vía por vertedura de líquido hidráulico no lugar do Vilar, en Porto do Son

03 Xullo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira acudiron na tarde deste mércores 2 de xullo, arredor das 18:20 horas, a unha intervención por vertedura de líquido hidráulico no Vilar, no concello de Porto do Son.

A vertedura, que se estendía ao longo de aproximadamente 200 metros de longo e 2 de ancho, foi causada pola avaría dunha plataforma de pluma articulada á que lle rompeu un latiguillo.

Dada a complexidade dos traballos, consistentes no espallamento do dispersante ao longo de toda a mancha para despois limpar con auga, os bombeiros solicitaron a colaboración da dotación de garda do parque Provincial de Boiro, dando por rematado o operativo sobre as 21:30 horas.

Participou tamén a Policía Local de Porto do Son.

Imaxe do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.