Lara Meneses visitou este sábado Porto do Son, capital da cultura e os deportes urbanos grazas ao Galicia Rompe

06 Xullo 2025

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses Álvarez, visitou este sábado 5 de xuño o Galicia Rompe (Rompetiño Jump) edición 2025, cita para a mocidade que converte Porto do Son, cada ano polo verán, no referente dos deportes e a cultura urbana.

Durante o percorrido estivo acompañada polos membros da organización e pola tenente de alcalde de Porto do Son, María Maroñas; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo, e pola concelleira de Cultura, Alicia Martínez. 

Visitaron toda a zona deportiva, os stands e a área de concirtos.

Esta nova edición do Rompetiño Jump destacou pola presenza de artistas de renome nacional e internacional como Soto Asa, Raúl Clyde, Disobey e Arce. O festival mantivo ademais o seu compromiso co talento emerxente e coa escena local, con concertos de balde con grupos como Leite con Jalletas, Capitán Sabrosura e Paco de Leña.

O festival redobrou nesta edición a súa aposta polo deporte e a cultura urbana, cunha ampla oferta de competicións de BMX, skate, breakdance e baloncesto 3×3, así como de exhibicións abertas a todos os públicos e deseñadas para gozar en familia.

Desenvolveuse este venres e este sábado (4 e 5 de xullo) convocando boa parte dos novos talentos deportivos, musicais e artísticos máis sobranceiros do panorama galego, estatal e internacional.

No capítulo musical de Galicia Rompe, o recinto contou coa presenza de Disobey, Soto Asa, Albany, Israel B, Ill Pekeño & Ergo Pro, Arce, Raul Clyde, Ben Yart, John Pollón, Dirty Suc, Metrika, Hecky, D. Valentino, Selecta, C Marí, Tarchi, Kike Varela, PGJ e Carlota.

O evento vén dan do equipo Rompetiño coa colaboración da Xunta, Fest Galicia, Abanca, a Deputación da Coruña, Xacobeo e, por suposto, o Concello de Porto do Son, entre outras empresa e institucións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.