Julia Rodríguez converte as flores prensadas en xoias da natureza nunha mostra na Casa da Cultura da Pobra

03 Xullo 2025

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle desde este 3 de xullo unha nova exposición que leva a firma da artista coruñesa Julia Rodríguez. A instalación viviu este xoves a inauguración da mostra, na que tomou parte a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a propia autora. Durante a súa intervención, a edil felicitou a Rodríguez por un “magnífico traballo, no que se mestura a sensibilidade, a beleza e unha técnica moi coidada”.

Entre as pezas da colección de Rodríguez, o público poderá ver algunhas feitas con follas de parra en representación das catro estacións e outras con calas, orquídeas e hortensias, por exemplo.

En canto ao proceso de elaboración de cada obra, Julia parte da recolección de flores e follas que, a continuación, prensa e deixa secar. Como último paso, a autora emprega cola e un soporte para chegar ao resultado final.

As persoas interesadas poderán visitar e coñecer o labor de Julia Rodríguez ata o mércores, 30 de xullo, no horario de atención ao público da Casa da Cultura.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.