Javier García Galdo presenta este sábado, no Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, o libro “Un mar de preguntas”

17 Xullo 2025

Coincidindo coa semana na que se celebra no porto de Santa Uxía o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, farase unha presentación en Ribeira do libro Un mar de preguntas, publicado por Galaxia. Será este sábado 19 ás 19 horas na carpa de Pavillón Patrimonio no Malecón.

Un mar de preguntas pretende divulgar dun xeito coloquial o coñecemento que temos sobre os mares e promovelo seu coidado.

A idea de publicar este libro xorde da participación do autor Javier García Galdo no programa semanal da Radio Galega Mar de Ardora dirixido por Xusto López Carril. Dende fai uns anos, esta colaboración ten servido para divulgar distintos temas do medio mariño e dos seus habitantes.

A obra está dividida en 4 capítulos: O Mar e o Océano, Os habitantes do Azul, O contorno costeiro e Nós e o mar. Deste xeito, o libro tenta dar resposta a 40 preguntas cada unha ilustrada cunha imaxe que axuda a súa comprensión. Cuestións curiosas como para que serve una balea?, canta forza ten o mar?, cantas especies habitan os océanos? ou por que soben e baixan as mareas?

Javier García Galdo presentase como un talasófilo e curioso. Es dicir, un amante do mar que ten inquietude por desentrañar os seus misterios. É un biólogo mariño que leva 25 anos traballando en distintas tarefas sempre arredor do mar, o seu coidado e correcta xestión para unha pesca e marisqueo sostíbeis. Con experiencia en asesoramento do sector pesqueiro, traballou coas administracións, organizacións de pescadores, ou no desenvolvemento de proxectos. Tamén emprega parte do seu tempo á divulgación tanto en producións audiovisuais, como en programas de radio.

Recentemente o autor tamén lanzouse a aventura de comezar a comunicar nas redes sociais cunha canle chamada Curiososoceano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.