Galicia pon en marcha dende Outes o primeiro laboratorio dixital de innovación costeira atlántica

22 Xullo 2025

Galicia conta xa co que sería, en palabras da Consellería do Mar, o primeiro laboratorio dixital de innovación costeira atlántica. Trátase dunha iniciativa que reúne boas prácticas, ferramentas técnicas, exemplos de proxectos sostíbeis e recursos orientados á acción local. Chamado SEALabHaus, diríxese a impulsar o turismo e a economía azul, ademais do patrimonio natural e cultural dun mar inclusivo e sustentábel no territorio.

SEALabHaus presentouse en Outes e o acto contou coa presenza do alcalde, Francisco Calo.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na presentación desta iniciativa, enmarcada na primeira convocatoria do Programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027. Indiciou que SEALabHaus “actúa como ponte entre o coñecemento técnico, políticas públicas e a acción territorial, sendo o principal resultado visíbel a plataforma web que lle dá soporte, e que foi desenvolvida pola Consellería do Mar, en colaboración coa de Facenda, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)”.

Grazas a este proxecto, entidades e comunidades mariñeiras poden acceder así a recursos e modelos adaptables á súa realidade, obter apoio para deseñar proxectos vencellados ao mar e compartir ou visibilizar boas prácticas doutros puntos do arco atlántico. O SEALabHaus foi un dos 27 proxectos aprobados no marco de dito Programa transfronteirizo, que conta cun orzamento de 3,7 millóns de euros, dos que 2,6 millóns proveñen do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A Universidade de A Coruña asumiu o liderado deste proxecto, con socios de cinco rexións atlánticas europeas (Irlanda, Francia, Galicia, Portugal e Canarias). A iniciativa introduce un enfoque innovador e integrado, inspirado na Nova Bauhaus Europea (NBE), a través do deseño colaborativo deste laboratorio transnacional para o espazo atlántico. A NBE é un facilitador da transición verde que ten como finalidade transformar diferentes sectores económicos, proporcionando espazos para a creación e experimentación a través da sostibilidade, a inclusión e a calidade de experiencia e estilo, máis aló da funcionalidade.

No acto de presentación tamén participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángelez V. Suárez, e a delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.