Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal entran no Álbum de Galicia

30 Xullo 2025

O Álbum de Galicia, colección en liña de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora este 30 de xullo a entrada de Faustino Rey Romero (Rianxo, 1921 – Bos Aires, 1971) e Baldomero Isorna Casal (Catoira, 1916 – Madrid, 1986). Foron dous poetas e activistas culturais que fundaron o Ateneo do Ullán e a Romaría Viquinga de Catoira, ademais de publicar poesía, artigos de prensa e participar na vida intelectual e cultural do país, Xosé Ramón Fandiño é o autor das entradas que están dispoñíbeis para consulta na web do CCG: a de Baldomero Isorna e a de Faustino Rey.

Rey Romero e Isorna Casal os dous presidentes fundadores do Ateneo do Ullán. Foto Pasarín, primeiros anos da década de 1960

A entrada do Álbum de Galicia recolle a traxectoria do xurista Baldomero Isorna Casal e o sacerdote Faustino Rey Romero. O CCG salienta que “malia que ámbolos dous autores tiveron experiencias vitais moi distintas, compartían o seu compromiso pola terra e o seu amor ás letras e á expresión cultural”.

Baldomero Isorna comezou a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Estudos que aprazou cando foi recrutado para combater na Guerra Civil, que o deixou con feridas que arrastrou ao longo do resto da súa vida. Continuou a súa formación en Alemaña, desde onde escribiu misivas dispoñíbeis na entrada do Álbum, e tras voltar a España, instalouse unha tempada en Madrid, onde comezou a frecuentar círculos culturais como o Centro Galego de Madrid ou o Café Gijón. Alí coñeceu a intelectuais como Camilo José Cela, con quen establecería unha fonda amizade, Celso Emilio Ferreiro, Otero Besteiro, o xornalista Joaquín Merino ou Maruxa Mallo. Nesa época, comezou a publicar poemas e colaborar con medios como ABC ou xornais galegos como Faro de Vigo.

Faustino Rey, pola súa banda, era sacerdote, poeta e teólogo cunha marcada ideoloxía progresista. Naceu na parroquia de Isorna, e a diferencia de Baldomero, tivo unha educación fondamente relixiosa. Pasou varios anos no convento dos franciscanos de Herbón, e seguiu formándose no convento de Santiago de Compostela e nos seminarios de Ourense e Tui. Con todo, auto definíase como “crego anticlerical”, opúñase ao celibato dos curas, ao franquismo e á xerarquía eclesiástica. O que lle supuxo problemas coa institución e ser recluído durante un mes no convento do Carme de Padrón e posteriormente ser destinado a Bos Aires. Nesa época era coñecido polos seus poemas e cancións, algúns dos cales pódense consultar na entrada do Álbum, e foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e membro da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga e do Colexio Heráldico de Bos Aires. Ao longo da súa vida publicou obras de poesía, ensaios, escritos teolóxicos e colaborou con xornais como o Faro de Vigo.

En 1961, os dous autores xunto con outros homes de letras no Ulla, decidiron crear o Ateneo do Ullán, que tiña a Rey Romero como director. Ao ano seguinte os membros de dita asociación representaron o desembarco do rei viquingo “Ulfo o galego” nas Torres do Oeste, co propio Rey Romero no papel de bispo Cresconio, seguido dun xantar; unha representación que se comezou a repetir os anos seguintes e que deu lugar á Romaría Viquinga de Catoira. Festa de Interese Turístico Internacional desde o ano 2002.

Ambos poetas recibiron numerosas homenaxes ao longo da súa vida da man de diversas institucións e recibiron unha medalla de ouro a título póstumo polo Concello de Catoira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.