Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

05 Xullo 2025

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedou
extinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde.

Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34 horas da madrugada do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de 37 hectáreas, das cales 30 corresponden a monte raso e as 7 restantes a arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 2 técnicos, 27 axentes, 28
brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 3 avións.

No que atinxe ao da parroquia de Cures, Boiro, quedou extinguido ás 19.45 horas deste sábado 5 de xullo, tras iniciarse o pasado xoves ás 23.59 h.
Segundo as últimas medicións, este incendio afectou 37,98 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 14 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.