
Finalmente chegou o día: este xoves 17 botan a andar as Festas de Taragoña 2025.
O alcalde, Julián Bustelo, recibiu este martes 15 de xullo a varios membros da comisión de festas para presentar o programa deste ano. Por diante catro xornadas con moita música, xantar popular, actividades para a rapazada, etc.
Este xoves actuarán a Orquestra Panorama e Solara, ademais de Os Pequenos do Barbansa, Buxaina, a Charanga Fanfarria Furruxa e Aldoara
O venres será a quen de La Fórmula, a Charleston Big Band, Os Pequenos do Barbansa, Os Liantes, Los Lunes al Sol, Tremenda Sudada e a Banda Infantil de Rianxo.
O sábado será a quenda dun dos pratos fortes das festas: a actuación de Heredeiros da Crus. Tamén estarán, ao pé do canón, Disco Móbil Euphoria Show, Fusión, Buxaina e Los Soprano.Haberá actividades (moitas) para a rapazada: festa da escuma e infantilandia. Tamén está previsto un xantar popular con Lito Mambís, un pasabares e a actuación da Charanga Era Visto.
O domingo actuarán José Manuel Follarín, Arume, o Mago Paco e a Banda de Música de Rianxo. Tamén haberá misa con procesión e pola noite verbena con Dilema.



