Este xoves 24 inaugúrase a Feira do Libro de Rianxo

22 Xullo 2025

A Feira do Libro de Rianxo celébrase esta semana, entre o 24 e o 27 de xullo no seu emprazamento habitual, na praza de Castelao. Haberá, como de costume, postos de venda de libros e unha axenda de actividades paralelas como charlas, encontros con autores, presentacións de libros, narracións orais, concertos e actividades para a rapazada.

A lectura do pregón a será o mércores 24 de Xullo ás 13.00 horas, coa intervención musical a cargo do cuarteto da Escola de Música de Rianxo e pregón a cargo do escritor Óscar Reboiras. Previamente, o mago Antón achegará o espectáculo 50 (1975-2025) no Paseo da Ribeira, en dúas quendas: ás 11.00 e ás 12.30 horas.

A feira estará aberta en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 22.30 horas (fins de semana e festivos a feira pechará pola mañá ás 14.30 horas).

Participarán as seguintes librarías: ULA Libraría Social (Outes), Libraría Cartabón, Libraría Pedreira, Libraría Agrasar – Monforte, A Gata Tola, A Libraría De Rosa-Nobel Boiro e Librería Cándido.

Haberá descontos do 10% no prezo dos libros.

O programa ao completo pódese consultar na web da Federación de Librarías de Galicia, organizadora da feira itinerante.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.