Este venres comezan as Festas de Araño

29 Xullo 2025

Este venres 1 de agosto comezan as Festas do Araño 2025, cunha xornada na honra da Virxe do Carme e cunha misa cantada ás 12.00 horas. Na mesma xornada do venres está programada a actuación de Os Pequenos do Barbansa (ao mediodía) e pola noite verbena coa Orquestra Acordes (de 23.00 a 2.00 horas), coa Discoteca Móbil Manu GZ e co DJ Iván Mata (dende as 2.00 horas).

O sábado 2 de agosto a xornada arrincará cunha ruada cos grupos de gaitas Buxaina, Fogo Fatuo e Caraveiros e ás 13.00 horas celebrarase unha misa cantada na honra do Santísimo Sacramento. Logo dará comezo a sesión vermú con Martín Reimundez. Ás 19.30 horas disputarase o partido de fútbol Araño Vs Buía e pola noite, ás 23.00 horas, actuarán a orquestra Gran Parada e a Discoteca Móbil MG.

O domingo a xornada festiva comeza con outra ruada polo Araño, desta volta a cargo dos grupos de música tradicional galega Caraveiros, Fogo Fatuo e Buxaina. Ademais, haberá misas cada hora desde as 8.00 horas ata as 13.00 horas (esta última a misa solemne) na honra da Virxe dos Milagros. A sesión vermú do domingo virá da man da charanga Santa Compaña. Ás 19.00 horas será a quenda da rapazada cos inchábeis de Arañolandia. Ás 20.00 horas actuará a Banda Xuvenil dá Escola de Música de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.