Este venres comeza o I Master Nacional de Futbolín A Riola de Outes

31 Xullo 2025

O I Master Nacional de Futbolín A Riola de Outes arranca este venres 1 de agosto cunha participación de 180 parellas, en palabras da organización (A Riola Futbolín co apoio do Concello) “unha cifra inesperada por ser a súa primeira edición desta cita deportiva e que sitúa esta proba nos primeiros postos a nivel participación dentro da modalidade”. O Master desenvolverase até o domingo.

O torneo arranca este venres ás 22.00 horas coa modalidade de Cegas e cunha inscrición de 5 € por persoa. De cara o sábado están establecidas as modalidades de Parado e Feminino e o domingo a modalidade de Movemento.

A organización do evento agradece “a todos a alta participación e ás casas colaboradoras de toda a comarca que fixeron posible este evento, así como ao propio Concello polas facilidades e apoio que recibiron para o mesmo”.

Máis información a través dos seguintes números: 639 473 933 e 656 652 050.

Con categorías para todos os niveis —Parado, Movemento, Feminino e Cego—, o torneo promete intensas xornadas de competición con premios que superan os 1.200 euros para os campións das categorías elite. Ademais, todos os premios inclúen trofeos, o que engade un valor especial para os gañadores.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...