Este venres 11, visitas comentadas á Torre de Bermúdez & Museo Valle-Inclán

09 Xullo 2025

Dentro da oferta cultural desta fin de semana na comarca do Barbanza, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal (A Coruña) promove unha nova convocatoria de VISITAS COMENTADAS. 

Deseñadas no formato de encontros divulgativos para todos os públicos e como citas de lecer estival para grupos reducidos, ata completar cabida, estas visitas son gratuítas mais precisan de anotación previa.

Ofertadas en quendas de mañá e tarde, contemplan a historia, a arte e o significado da decoración renacentista da Torre dos Valle Bermúdez (séc. XVI), declarada Monumento Nacional de Carácter Histórico-Artístico e Ben de Interese Cultural de España e de Galicia en razón dos valores arquitectónicos, estéticos e vencellos familiares e artísticos do inmoble co universal autor galego, e logo de explicado o edificio, en especial, o acceso ao interior do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, distinguido por ser a institución valleinclaniana decana do país así como pola senlleira colección dos seus fondos manuscritos, libros de época, pezas das belas artes, vestiario teatral, mobiliario e obxectos de certo pertencentes e autenticados como propios do literato máis traducido da literatura hispana (35 idiomas do planeta na actualidade), reunidos nos seus 39 anos de actividade.

Impartidas por persoal especializado en historia da arte e crítica biográfica e literaria de Ramón del Valle-Inclán, nesta ocasión por Antonio González Millán, director e técnico conservador da institución, estas visitas periódicas son parte destacada dos servizos de extensión cultural e de turismo literario inspirados naquel xenio e figura irrepetible a quen Alfonso Castelao cualificaría como “o mellor artista de Galicia” (Valle-Inclán y Galicia. La Habana (Cuba), 1939) . 

Data: venres, 11 de xullo

Horario: mañá 11:00 h // serán 17:30 h

De balde ata completar grupo (máximo 15 persoas)

As persoas interesadas en disfrutar desta actividade poden inscribirse presencialmente ou tamén a través dos teléfonos do Museo: 981 83 16 62 (no horario de apertura ao público), 619 05 05 23 (fora de horario, mediante Whatsapp) e do correo electrónico: museo.valleinclan@apobra.gal 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.